Noia solicitará a creación dun centro de día no municipio

NOIA>  O alcalde de Noia vén de confirmar que o concello optará á convocatoria de fondos europeos para a construción dun centro de día na localidade. Ata o momento, os usuarios que o precisan está a facer usos deste no centro de día de Lousame

Polo que respecta á escola infantil, o concello estudará a viabilidade de contar cunha gardería pública. Sen embargo, o alcalde aposta porque os centros privados que ata o de agora están a dar resposta á demanda de prazas existente no municipio poidan manter a súa actividade.

Consideran que a demanda de prazas poderá incrementarse de cara á entrada en vigor da gratuidade universal da educación infantil durante o próximo curso.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí