Cáritas pide ás administracións locais que empadroen ós ‘sen teito’

    caritas copia.jpg VILAGARCÍA> A nova camapña da ONG pretende que as persoas en situación de exclusión social gocen dos mesmos dereitos que os demais cidadáns.

    {flowplayer}images/salnes/CAMPANA_CARITAS_251111.flv{/flowplayer}

    ¿É digno ser invisible ós ollos dos demais? Segundo unha enquisa manexada por Cáritas Interparroquial de Arousa, esta é a pregunta que se fan moitos ‘sen teito’, persoas en situación de exclusión social que vagan polas rúas sen un fogar no que resgardarse. Na actualidade, seis persoas en Vilagarcía viven así, e 30 habitan en infravivendas. A eles vai destinados a nova campaña de Cáritas Interparroquial, co lema ‘Todos somos cidadáns, ninguén sen fogar’. Unha campaña que chama atención das administracións, para que empadroen ós ‘sen teito’ e poidan gozar así dos dereitos mínimos como calquera outro cidadán.

    Desde Cáritas alertan de que a tendencia é a que cada vez máis persoas acaben deste xeito sen fogar. A crise económica explícao en grande medida. Os principais prexudicados: xente desafiuzada e separados en situación de desemprego.

    Para axudar a que estas persoas se reintegren na sociedade e retomen hábitos saudables, desde Cáritas poñen á sua disposición, entre outros, servizos de comedor ou lavandería. A ONG apela á solidariedade social para frear esta situacións, xa que din, a calquera nos pode tocar.

    Redacción Salnés