![]()
VILAGARCÍA> Forman parte da misión inversa organizada pola Cámara de Comercio e ata o xoves manterán unhas 600 entrevistas con empresarios da comarca.
{flowplayer}images/salnes/MISION_COMERCIAL_VILAGARCIA291111.flv{/flowplayer}
Arredor de 150 empresas da demarcación da Cámara de Comercio de Vilagarcía participarán ata o xoves nesta misión inversa. Importadores de México, Estados Unidos e Noruega están desde onte na capital arousá para buscar novos provedores nos sectores da alimentación, bebidas, enerxías renovables e materiais de construción. Hai tamén unha cuarta delegación chegada de Francia que ten o seu centro de operacións no recinto feiral da Estrada. E é que neste caso, as citas previstas están orientadas ó sector do moble.
En total calcúlase que os importadores manterán nestes días ata 600 entrevistas con empresarios galegos, o que está a facer que se aceleren as quendas de traballo.
A Cámara conta nesta iniciativa co apoio da Xu nta a través do Plan de Fomento das exportacións galegas.
Tanto desde o goberno autonómico como desde o local salientaron que este tipo de iniciativas demostran que a actividade no recinto feiral de Fexdega segue viva, a pesar das vicisitudes polas que está a pasar a fundación. Viva e con visos de seguir así nun futuro próximo, co mo salientou o alcalde Tomás Fole.
Redacción Salnés










