Meis bótase á rúa polo colapso do centro de saúde do Mosteiro

MEIS> Concentración en Meis pola situación do centro de saúde da Rochela. Ducias de veciños sumáronse á convocatoria denunciando a falta de persoal. A protesta chega poucos días despois do colapso do centro, o pasado luns, cando se formaron ringleiras de doentes ás portas do ambulatorio agardando para seren atendidos, mentros o persoal que quedaba non daba nin atendido as chamadas telefónicas.

De novo, Meis volve saír á rúa reclamando melloras na atención sanitaria. Esta mañá celebrouse unha concentración silenciosa ás portas do centro de saúde da Rochela. A protesta chega tan só uns días despois do colapso vivido o pasado luns no ambulatorio.

O vivido o pasado luns, súmase á longa lista de problemas que vive a sanidade en Meis, co peche do consultorio de Paradela ou a falta de pediatra e matroa. A alcaldesa din estar fartos de notifica-las incidencias ó SERGAS, sen obter resposta.

Así que agora van ir un paso máis alá. Logo de que as conversar co xerente da área de Pontevedra e O Salnés non desen resultado, a rexedora tentará reunirse co Conselleiro.

Á protesta desta mañá non asistiron representantes do PP. Si participaron, pola contra, membros do BNG que, ademais, anuncian mobilizacións propias.

Ademais dos representantes políticos, ducias de veciños participaron esta mañá no acto. Un deles, afectado pola situación, pide ir máis alá, deixando constancia por escrito do seu malestar.

Dende o Concello indican que seguirán reivindicando unha atención sanitaria digna. Ameazan con novas accións, en función da evolución da pandemia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí