Medio Ambiente inviste máis de 1’5 millóns de euros na EDAR de Leiro

    novaedarleiro.jpgRIANXO> A nova EDAR prestará servizo a preto dun 670 veciños de diferentes núcleos desta parroquia rianxeira.

    {flowplayer}barbanza/novaedarleiro.flv{/flowplayer}

    Acompañado do alcalde, Adolfo Muíños, o titular de Medio Ambiente procedía esta mañá á inauguración da nova estación depuradora de Leiro, na que a Xunta investiu máis dun millón e medio de euros. Despois de realizar un percorrido polas instalacións da nova EDAR, Agustín Hernández, valorou moi positivamente a actuación, xa que beneficiará a preto duns 670 veciños das aldeas de Cabanas, a Igrexa, Meiquiz, Or, Raño, Rial, Palleiro e Pedreira.

    Plan Saneamento Local

    Agustín Hernández tamén se referiu a outras actuación pendentes neste concello en materia medioambiental. Así referiuse ó plan de saneamento local que está a piques de rematarse e que prevé importantes melloras tanto no colector interceptor como na propia EDAR de Rianxo onde se detectaron importantes deficiencias.

    Pola súa banda, o rexedor rianxeiro destacou a importancia da actuación realizada.

    Redacción Barbanza