O alcalde de Cambados amosouse satisfeito polol cuarto xulgado para vila

    CAMBADOS > Sen embargo teme que esta nova sexa unha traba na consecución da maxistratura. , outra das peticións da comarca que, recordou non foi apoiada polo BNG local.

    Xosé Ramón Durán, voceiro do BNG de Cambados, asegura que eles sempre apostaron polo cuarto xulgado na vila. Foi ademais ésta unha petición dos nacionalistas, que vían o cuarto xulgado como a mellor forma de soluciona-lo colapso xudicial, xa que o tema da maxistratura require o cambio da lei e resulta longo e complicado. Éste foi o motivo polo que sempre apostaron polo 4º xulgado, e así se demostra nunha moción de urxencia que presentaron neste pleno municipal que ven nas imaxes, celebrado o 28 de outubro de 2.004; moción que foi rexeitada polo PP, algo que onte o alcalde negou en Pleno Aberto. Xosé Ramón Durán asegura que ésta é tan só unha das moitas mentiras do alcalde, que agora tenta sacar rédito político deste 4º xulgado que se conseguiu a pesares das trabas que puxo.

    Tamén criticou a actitude do Psoe, quen se sumou ó carro do BNG xa que a súa aposta era loitar pola maxistratura e a medio camiño cambiaron de estratexia. Aínda así os nacionalistas amósanse satisfeitos, xa que o importante era consegui-lo xulgado e xa se conseguiu.

    Redacción Salnés