CAMBADOS> Adestramento e paixón. Esas son as claves do éxito de Uxía Rodríguez, unha cambadesa de 12 anos que conseguiu un bronce mundial na modalidade de dobre minitramp. A ximnasta adestra tres horas ao día durante cinco días á semana por paixón e intentando crecer en cada campionato.
Ten tan só 12 anos pero xa conta con dous campionatos de España e un bronce mundial. Ela é Uxía Rodríguez, unha ximnasta de Cambados cuxa especialidade é o trampolín. O pasado mes participou nos campionatos do mundo en Bulgaria acadando dous grandes resultados.
Entre as dúas modalidades, a súa especialidade e o que máis goza é o dobre minitramp.
As claves do éxito para conseguir o terceiro posto no campionato do mundo e os dous campionatos de España radican na paixón que Uxía sente polo seu deporte e na súa constancia cos adestramentos.
Unha das cousas que destaca de participar nos campionatos do mundo é poder aprender vendo os traballos doutras compañeiras.
A pesar destes éxitos, Uxía mantén os pés na terra.
Uxía comezou neste deporte da man da súa irmán, que tamén compite en categorías superiores noutras modalidades.
Uxía lamenta que o seu deporte non sexa máis recoñecido e teña máis visibilidade. Tamén lle gustaría que a súa modalidade fora olímpica.
A cambadesa é consciente das dificultades para poder gañarse a vida co seu deporte, pero seguirá adestrando e competindo nun deporte que lle apaixona sen poñerse límites e gozando con cada reto e obxectivo que vaia conseguindo.