O concello da Pobra licitará proximamente as melloras no estadio da Alta

POBRA> O concello da Pobra executará unha serie de melloras nas instalacións do estadio da Alta. Trátase de dous proxectos, que afrontan a fase final para proceder á súa licitación. Un suporá a mellora e rehabilitación das gradas mentres que o segundo centrase na execución dun módulo cuberto de atletismo.

O goberno da Pobra saíu ó paso das críticas formuladas pola asociación de atletismo do Barbanza ante o mal estado das instalacións deportivas da Alta. O alcalde recoñeceu a lentitude en acometer unha serie de melloras no estadio, debido ós retrasos nos permisos dependentes doutras administracións. Trabas burocráticas que xa están a ser solventadas polo que proximamente sairán a licitación dous novos proxectos que consistirán rpincipalmente no arranxo da grada cuberta e mellora da recollida de pluviais.

A segunda das actuacións previstas é o módulo cuberto de atletismo, para o que se destinarán trescentos corenta mil euros financiados polo concello e a Deputación.

A intención do executivo é licitar os dous proxectos ó longo do mes de febreiro. Queda pendente o peche do campo no lateral que tamén se executará proximamente.