A oposición de Noia ó completo esixe a dimisión inmediata do alcalde

    NOIA> A oposiciónde Noia esixe a dimisión inmediata do alcalde, Santiago Freire, ante a gravidade das súas palabras no acto institucional polo Día Internacional da Muller. PSOE, BNG e Marea Cidadá de Noia aseguraron esta mañá que o contido foi “marcadamente machista” e anunciaron a petición dun pleno extraordinario para reprobar as palabras do alcalde. A unidade da oposición de Noia, Psoe, BNG e Marea Cidadá é total neste asunto. Esta mañá a voceira do BNG noiés leu un comunicado conxunto no que explican que trala reunión de urxencia mantida onte, os tres partidos lamentan a imaxe que desde Noia se están enviando ó resto do estado, e ademáis de esixir a dimisión inmediata de Freire, anuncian que solicitarán a celebración dun pleno extraordinario para a reprobración de xeito institucional das palabras do alcalde, que durante discurso no Día da Muller. Desde a oposición explicaron que o pleno extraordinario celebraráse de tódolos xeitos, aínda que o alcalde non o convoque, xa que a oposición conta cos concelleiros suficientes para levalo a cabo. E non ven suficiente o comunicado que onte enviou Santiago Freire pedindo desculpas. Para a oposición de Noia debería ser o alcalde o que tomase a iniciativa de dimitir, mesmo antes da celebración do pleno, pero de non ser así, entenden que o partido popular debería actuar ó respecto. Quen tamén se manifestou a este respecto foi Esquerda Unida Barbanza, que a través dun comunicado esixiu a dimisión do alcalde de Noia. A agrupación entende que as palabras de Freire denotan son unha mostra de machismo e misoxinia que non merecen ningún tipo de explicación, senón a inminente renuncia do mandatario. O tema chegou tamén o Parlamento galego, onde o BNG pediu explicacións ó presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, sobre as declaracións do alcalde noiés.


    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/10/oposicion_polemica_noia_declaracions_alcalde_100320171.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/10/oposicion_polemica_noia_declaracions_alcalde_10032017.mp4{/flowplayer}