Ribeira conmemorá o 25-N poñendo o foco na educación

RIBEIRA> O concello de Ribeira porá o foco na educación para conmemorar o 25 N. Ademais dos actos institucionais para o propio día, desenvolveranse obradoiros e talleres de prevención nos centros educativos. O concello sumarase ademais ás campañas ‘De fronte á Violencia de Xénero’ da Deputación da Coruña e ‘É violencia con todas as letras’ da Xunta de Galicia.

Un ano máis, o concello de Ribeira pon en marcha un amplo programa de actividades para conmemorar o Día Internacional contra a Violencia de Xénero. O acto institucional terá lugar o propio 25N na praza do concello coa participación dos centros educativos e do tecido asociativo do municipio.

Nesa mesma xornada sairá á rúa a ‘Ruleta do Benquerer’, un posto no que a cidadanía poderá interactuar. Ademais das actividades conmemorativas, destacan os obradoiros e charlas nos centros de ensino.

Haberá un coloquio sobre violencia sexual no CIFP Coroso, obradoiros de sensibilización en Secundaria e contacontos pola igualdade para Os Bolechas dirixidos a alumnado de infantil e talleres sobre igualdade e diversidade para primaria.

O programa complétase cun monólogo para público adulto o xoves 27 no Centro Cultural Lustres Rivas e a campañañ dixital ‘Di si ó bo trato’ onde os veciñños poderán compartir fotogradúas nas redes sociais do concello con este lema.