Carlos Rodríguez Muñíz deixará a presidencia da ABE

    BOIRO> Así llelo trasladou ós socios na última asemblea ordinaria da entidade celebrada hai uns días. Despois de seis anos á fronte da patronal boirense, Carlos Rodríguez, ten intención de non presentarse ás vindeiras eleccións á presidencia da ABE, que está previsto que se convoquen nos próximos días, aludindo a razóns de índole persoal, para poder atender outros proxectos que se lle presentan nestes momentos. Segundo el era tempo xa, despois de seis anos, de darlle paso a outras persoas que traian ideas e proxectos novos para a entidade. Neste tempo á fronte da Asociación Boirense de Empresarios hai que destacar o traballo realizado en sacar adiante as distintas campañas comercias, a consecución da homologación da ABE como centro de formación, a nova sede ou a posta en marcha dos foros empresarias, entre outras accións.