Duelo en Fontecarmoa por manterse na cabeza

VILAGARCÍA> Mañá o Thetrend Cortegada afronta o séptimo encontro ligueiro ante o Uni Tenerife. As de Pepe Vázquez, xogarán así o seu segundo partido consecutivo en casa, con gañas de resarcirse da derrota da semana pasada ante o Universitario de Ferrol.

Por moito que a adestradora do Uni Tenerife Esther Herrero se pasara a semana falando da superioridade do Cortegada sobre o seu equipo, a diferencia entre ambos conxuntos non é tanta.

Prevese un partido moi igualado xa que os dous levan unha liña de resultados moi semellante, con catro triunfos e dúas derrotas. Ademais, ambos gañaron a Bembibre e perderon co Ensino.

O cinco inicial canario está moi definido, con Laura Fernández como base e Julia Martí e Elizabeth Vivas como exteriores; esta última posúe unha boa porcentaxe de acerto en triples. Por dentro, as súas interiores son Verónica Matoso, unha ala-pivot canteirán que co paso dos anos foi gañando protagonismo e aporta tanto anotación como rebotes. Iso sí, o peso ofensivo recae sobre a pivot norteamericana Melissa Goodall.

O Uni Tenerife é o equipo que mellores porcentaxes de acerto en tiro manexa, tanto de dous como de trs, agás nos tiros libres, nos que anda por debaixo da media. Un dos seus grandes debes, o rebote, é un dos peores equipos da liga neste apartado.

O Cortegada deberá polo tanto pechar ben o seu rebote, para darlle moi poucas segundas opcións ó seu rival, se ben terán que andar con ollo coas triplistas visitantes. A semana pasada Ferrol foise de Fontecarmoa con doce triples anotados, o que fala tanto da boa man das xogadoras visitantes como da pouca intesidade defensiva das locais, que deberían recuperar á agresividade que lles carecterizou durante estas últimas semanas para voltar pola senda do triunfo e reengancharse ós postos de cabeza.

A día de hoxe tódalas xogadoras están a disposición de Pepe Vázquez para este partido que dará comezo ás 20:30.

Redacción Salnés