O Est.Otero lévase con claridade o derbi ante o Liceo Casino

SALNÉS> Na División de Honra Nacional disputouse o primeiro derbi do ano e nel o Establecimientos Otero de Cambados impúxose con facilidade ó Liceo Casino de Vilagarcía por 5-1.

Vibrante derbi o que se puido vivir en Santo Tomé entre Establecimientos Otero e Liceo Casino. Era a primeira vez que ambos conxuntos se enfrontaban na División de Honra Nacional de tenis de mesa, e o espectáculo non defraudou.

O encontro foi máis igualado do que reflectíu finalmente o marcador. Os vilagaciáns adiantábanse grazas a victoria sen paliativos de Sergey Nigeruk sobre Fernando Padín, se ben Adrián Vidal e Kazeem Ahmed dábanllela volta ó electrónico con dous triunfos parciais sobre Fran Monroy e Samuel Pereiro, respectivamente.

A segunda rolda de enfrontamentos sería a decisiva. Fernando Padín resarciouse da súa derrota no primeiro partido e superou sen problemas a Fran Monroy. Aínda quedaba por chegar o duelo estrela entre os dous números 1 dos equipos. Nigeruk foi quen de levarse os dous primeiros sets ante Ahmed, pero o ucraniano non pechou o encontro no terceiro e déullela oportunidade de remontar ó seu adversario, como así sucedería. Victoria para Ahmed e 4-1 no marcador, polo que o triunfo tamén quedaba na casa. O quinto tanto, xa irrelevante, sumaríao Adrián Vidal.

Cuarta victoria en seis partidos para o Establecimientos Otero que se coloca quinto na táboa, á espera de recibir a semana que ven ó Tramuntana Figueres. Peor vanlle as cousas ós vilagarciáns que ocupan praza de descenso, son terceiros pola cola con tan só dous puntos en seis encontros. A semana que ven afrontan un importante duelo ante o Torrelavega, rival dos vilagarciáns pola permanencia.

Redacción Salnés