![]()
SANXENXO> Victoria no derbi para o Vilalonga que se impuxo sen problemas ó Sanxenxo por 0-2 con tantos de Pablo e Saúl. Preocupante a situación dos de Calucho que xa son últimos na xeral.
{flowplayer}images/salnes/terceira_260911.flv{/flowplayer}
O Vilalonga partía como favorito e non errou. Levouse o triunfo con claridade logo de impoñer o seu xogo combinativo durante os 90 minutos. Ante a atenta mirada de máis de medio millar de afeccionados, entre eles o adestrador Victor Fernández, os de Gabi Leis comezaron dominando e avisaron nos primeiros compases a través de Saúl e Machu, cun testarazo que non colleu portería.
Si o faría este de Pablo, tras unha falta botada por Jesu. Ían 23 minutos e o central poñía o 0-1 tras aproveitarse dun erro na saída de Vladi.
O dominio visitante proseguíu ata o descanso, mentres que o Sanxenxo practicamente non inquietaba a Pazos. O único achegamento reseñable dos locais, producíuse sobre o 45′, cun centro de Nel no que se estorbaron para rematar Cuchi e José Ángel.
Xa no segundo tempo, a saída de Victor Uhía deulle outro aire ós de Calucho. De feito foi Victor o que tivo a mellor opción do Sanxenxo, con este cabezazo que foise a rentes do pau.
A sentencia chegaría mediado o segundo tempo. Nun balón en longo no que o máis listo para cazalo é Saúl. O dianteiro celeste non se puxo nervioso para resolver ante Vladi cunha excelente vaselina.
Ahí chegaron os últimos arreóns do Sanxenxo que a través de José Ángel primeiro e logo de Cuchi, puideron recurtar diferencias no marcador. Pero as dúas veces Pazos estivo acertado para desviar ambos lanzamentos. No treito final, o Vilalonga puido aumentar as diferencias con varias ocasións nas pero o marcador xa non se movería.
Os celestes continúan coa súa recuperación e son xa novenos na táboa antes de recibir a vindeira semana ó Somozas, mentres que o Sanxenxo é último con dous puntos de quince posibles á espera de visitar o próximo domingo o campo de As Pontes.
Redacción Salnés








