O Liceo Casino acada a permanencia na última xornada

SALNÉS> Ven de rematar a liga na División de Honra. Na derradeira xornada o Liceo Casino xogábase a permanencia, e a conseguiron, logo de vencer con solvencia ó Aritmos Borges. O que non puido pechar con victoria a temporada foi o Establecimientos Otero.

Moito nadar para finalmente sí, chegar á beira. Pode ser o resumo dunha temporada de moitísimo sufrimento para o Liceo Casino, no que o traballo e unha excelente recuperación final, permitiron ó equipo manter a categoría na División de Honra Nacional.

Despois de completar unha primeira volta desastrosa e na que pagaron a novatada, con tan só un triunfo en once partidos, tan só unha milagre podía salvarlles. Foron oito os triunfos que acadaron os vilagaricáns que lle deron na derradeira xornada a salvación. A última victoria acadárona na casa, ante un rival directo pola permanencia como o Aritmos Borges, ó que doblegaron sen problemas por 5-1. O sorteo de emparellamentos permitíu uns partidos máis asequibles para Ramón Mampel, que se impuxo en ambos. Iso unido ó seguro de vida que supón dispoñer de Sergey Nigueruk, puxo as cousas moi costa arriba para os cataláns, que acabaron claudicando e xunto a Torrelavega e Krafft Atético, serán os tres equipos que perdan a categoría.

As nove victorias dos vilagarciáns leváronllles á oitava posición final da liga, colocados xusto por detrás, a un único triunfo, do Establecimientos Otero. Os cambadeses fixeron unha liga de máis a menos. O obxectivo era a permanencia e acadárono con moito tempo de antelación. Xa nos derradeiros partidos, cando en xogo estaba meterse na fase de ascenso, as forzas comezaron a escasear. Na última xornada, no derbi ante o Monteporreiro, os camabadeses cederon por 4-3, algo que lles fixo caer varias posicións na táboa.

Redacción Salnés