O Supremo deixa sen efecto a anulación do PXOM

    sentenzasupremopxom2.jpgBOIRO> O Alto Tribunal argumenta que o concello non é responsable da falla do informe de Patrimonio no novo planeamento.

    {flowplayer}barbanza/sentenzasupremopxom2.flv{/flowplayer}

    A sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que anulaba o acordo plenario de maio de 2003 no que o goberno local, daquela presidido por Xesús Alonso, aprobaba definitivamente o planeamento, producíase no ano 2008 despois dun contencioso presentado polo BNG, e o Partido Socialista, dúas formacións que posteriormente se retiraron da demanda, así como Iniciativa Cidadá de Boiro de Manuel Velo e dous particulares. A denuncia pretendía a anulación do PXOM, ó carecer do preceptivo informe de Patrimonio. A decisión do Tribunal Supremo vén a darlle a razón ó concello, ó considerar que este non ten a culpa deste feito, xa que os seus responsables no seu día si o solicitaron e foi a Xunta a que sen explicar os motivos non contestou a esta solicitude. Os dous principais partidos políticos da oposición, PSOE e BNG coincidían ó sinalar na importancia da sentenza.

    Maior seguridade xurídica

    Pola súa banda o actual alcalde, o popular Xoán Xosé Dieste, tamén valorou moi positivamente a nova, xa que permitirá, segundo el, poder garantir e dar seguridade xurídica a Boiro no que é o seu desenvolvemento urbanístico.

    Redacción Barbanza