A POBRA> As caramiñas volven á Pobra por Nadal. O concello pon en marcha a campaña de dinamización na que sorteará 200 euros diarios. Para participar tan só é preciso compartir en redes sociais fotos nos recunchos do Nadal do municipio.
Por terceiro ano consecutivo, o concello da Pobra volve poñer en marcha a campaña de Nadal Caramiñas na Pobra. Durante todo o mes de decembro, sortearanse 200 caramiñas diarias, a trocar nos máis de 40 establecementos participantes.
O método de participación é moi sinxelo. Tan só é preciso fotografarse en calquera dos recunchos do Nadal con decoración especial que se repartirán polo casco urbano é subir a foto a instagram etiquetando a conta @caraminhasnapobra
As bases do concurso xa están dispoñibles na web municipal apobra.gal.











