A Cidade Infantil Príncipe Felipe aforrará un 20 % en enerxía

    PONTEVEDRA>Aforrar preto de 100.000 euros de consumo enerxético ó ano: ese é o obxectivo que persegue a Deputación de Pontevedra cun dos 51…

    {flowplayer}images/salnes/convenio_aforro_enerxetico.flv{/flowplayer}

    … centros de seu: a Cidade Infantil Príncipe Felipe, na Cidade do Lérez. Esta medida económica será posible grazas á implantación de varias medidas de reaxuste do consumo de enerxía, en virtude dun acordo que veñen de asinar esta mañá o Ente Provincial e a Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia.

    Neste macrocentro de máis de 41.500 metros mellorarase a infraestructura enérxética que conta con 36 anos de antigüidade co fin de que se minimice o consumo de electricidade, gasóleo C e gas cidade.

    Estas medidas e outros dezanove proxectos inclúense dentro do Plan de Aforro e eficiencia enerxética da Administración Pública Galega que persegue aforrar nos dous vindeiros anos ata un 40% na enerxía final dos entes públicos galegos, mediante a coordinación de acción entre os distintos entes implicados. Amais do aforro dos custes da enerxía, este proxecto virá a impulsar o tecido empresarial das empresas do sector.

    Redacción Salnés