RIBEIRA> Este pasado sábado disputábase en Ribeira a 23 edición da Carreira Popular de Santa Uxía.
Na proba tomaban parte preto de 500 persoas, sumando tódalas categorías.
A carreira na categoría absoluta tiña coma gañadores a Laura Santos, en féminas, a Hugo García, en homes.
O podio en mulleres completábano Sandra Mosquera e Rocío Alvite, que entraban en segunda e terceira posición respectivamente. Na proba masculina, por detrás de Hugo García, entraban en liña de meta Pablo Otero e Anxo Castro.
Ademais da categoría absoluta, disputáronse tamén o resto de probas dende as escolares ata a de veteranos.
A carreira formaba parte tamén do oitavo Circuíto Provincial de Carreiras Populares da Deputación da Coruña e do quinto Circuíto de Carreiras Barbanza Arousa.
Dende a organización quixeron agradecer ás distintas entidades e casas comerciais a súa colaboración coa proba.