Nova demanda de mellora integral da estrada Boiro-Noia

    BOIRO> Nesta ocasión a solicitude parte de Unión Popular de Boiro, a través do seu voceiro Javier Chouza. O voceiro de Unión Popular de Boiro, Javier Chouza, solicítalle novamente ó equipo de goberno que demande de forma urxente á Deputación da Coruña, titular da vía, a mellora da actual estrada 1.105 que une Boiro e Noia, incluíndo a súa transferencia á rede de estradas da Xunta de Galicia. Súmase así ás numerosas demandas que esixen unha actuación integral neste vial, como tamén na estrada provincial 8.001 de conexión entre Catoira e a AP-9. Javier Chouza critica o estado actual destes dous viais, sinalando que a conexión Norte-Sur da comarca, tanto o tramo Noia-Boiro coma o que une a autovía do Barbanza coa AP-9, a través da ponte de Catoira son deficitarios, cuns trazados e unha sinalización pésima a pesar de contar cunha alta densidade de tráfico que soportan. Un bo exemplo que evidencia segundo el o mal estado destas dúas estradas radica no elevado número de acidentes con víctimas, moitas delas mortais, que se produciron en datas recentes, polo que considera prioritaria unha mellora nestas dúas vias. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/01xaneiro/16/upboiromelloraestradaboironoia160114.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/01xaneiro/16/upboiromelloraestradaboironoia160114.mp4{/flowplayer}