Sae ilesa despois de precipitarse por un barranco

    accidenteourille.jpgRIANXO> O accidente producíase na estrada secundaria que une os núcleos de Taragoña e Ourille.

    {flowplayer}barbanza/accidenteourille.flv{/flowplayer}

    O accidente producíase ó redor das tres e media desta tarde, na estrada de Taragoña a Ourille. Foi a propia vítima, M.V.F.S., de dezaoito anos, a que alertou ó 112. Ata o lugar do sinistro desprazáronse varias unidades dos parques de Bombeiros de Boiro e Ribeira que tiveron que socorrer á condutora do interior do vehículo, un Dacia Logan con placas de matrícula 1146 FGZ, ó quedar atrapada no mesmo a consecuencia da caída por un barranco.

    Máis accidentes

    Este non foi o único accidente que se rexistraba en Rianxo no día de hoxe. Na estrada do Pazo producíase tamén una colisión entre dous vehículos, aínda que por fortuna non houbo que lamentar feridos de consideración.

    Redacción Barbanza