![]()
BARBANZA> Os contidos do Plan de Formación e a carta de servizos atópanse a disposición de calquera usuario na web http://cemit.xunta.es.
{flowplayer}barbanza/reportaxeaulascemitribeira-boiro.flv{/flowplayer}
A Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica, CeMIT, dispón na actualidade de 98 aulas públicas dotadas con acceso a internet, distribuídas por un total de 92 concellos en toda Galicia. Dúas delas atópanse na comarca do Barbanza, nos concellos de Ribeira e Boiro, dando servizo a unhas 1.500 persoas aproximadamente. Un número que se vai incrementando significativamente cada ano, conforme vai medrando tamén o grao de coñecemento e o funcionamento das aulas. O principial obxectivo destes centros é promover o uso das novas tecnoloxías entre a poboación, con especial atención a aqueles colectivos máis afectados pola fenda dixital.
Cursos formación
Precisamente para tratar de mellorar esta situación, ó longo do ano desenvólvense infinidade de charlas e xornadas de sensibilización e divulgación das actividades da rede, a través dos axentes TIC, así como cursos de formación, a maioría deles de alfabetización dixital dirixidos á cidadanía en xeral.
Outro apartado importante constitúeno os cursos de formación dixital, moitos deles presenciais, aínda que tamén son moitos os impartidos en liña, polo que calquera persoa que o desexe pode acceder a eles dende calquera lugar. O único requisito é estar conectado a internet.
Os centros dispoñen tamén de aulas abertas, espazos nos que os usuarios poden acceder libre e gratuitamente a internet.
Satisfacción dos usuarios
Os resultados xa se están a dar, xa que o nivel de satisfacción dos usuarios que habitualmente empregan estas aulas é altamente positivo.
Redacción Barbanza











