![]()
CALDAS> O ERE extintivo prantexado pola dirección da empresa da fábrica de Clesa en Caldas de Reis podería comezar a aplicarse pasado mañá…
{flowplayer}images/salnes/novidades_clesa.flv{/flowplayer}
… para o total dos traballadores desta planta, salvo uns 40 traballadores que manterían a producción. Esta nova sorprendía esta mediodía ó Comité de Empresa que era informado esta mediodía polo xefe da planta, Alejandro Puga; aínda que moitos dos empregados xa contaban con esta información a media mañá. Esta decisión foi moi mal acollida pola representante dos traballadores Dolores Ramos, que se pasou o día entre reunións a este respecto, entre elas unha cos propios administradores concursais, para confirmar de primeira man esta versión que lles achegaban horas antes desde a dirección da empresa. O Comité de Empresa amosou defraudado con esta resolución tras tantos tiras e afrouxas, nos que eles reclamaban que pesase a parte humana do plantel, e máis agora que había unha proposta en firme, liderada pola empresa láctea Feiraco, que se comprometía a quedarse co plantel e mesmo a incrementar a producción. Este asunto será o cerne da reunión que manterán mañá, ás once nas instalacións da Fábrica á que están chamados tódolos empregados. Amais do caracter informativo urxente desta reunión, non se descarta que emprendan novas mobilizacións.
Redacción Salnés






