EMGROBES da a coñecer os gañadores do sorteo de Nadal

    O GROVE > A asociación de Empresarios Grovenses de Bens e Servizos EMGROBES  celebrou o sorteo da campaña de Nadal. A xunta directiva elixiu unha man inocente para dar a coñecer os vinte premiados dos 100 euros, os catro gañadores de 500 euros e o único premiado de 1.000 euros en vales de compra.

    A Xunta directiva de EMGROBES celebraba o sorteo de Nadal con moita expectación xa que este foi un ano moi positivo para os comercios asociados. A sede acollía unha gran caixa coas 30.000 rifas que se repartiron entre os 78 establecementos adheridos. A secretaria da asociación fixo de man inocente para dar a coñecer os 20 gañadores de cen euros en vales de compra. Os clientes agraciados foron Lorena Sánchez, Francisco Caneda, Mauel Otero, Beatriz Hermo, Virginia Mascato, Vicente Míguez, Esperanza Seijal, Mercedes González, Mercedes Menéndez, Javier García, María Vicos, Beatriz Domínguez, Éstrella Otero, María Besada,  Olga Baqueiro, Yolanda Pallares Francisca Aguiño, Josefa Galiñanes, Dolores Triñanes e Marisa Martínez.

    Os premiados terán a oportunidade de gastar o seu premio nos establecementos asociados nun período de tempo de dous meses. Ademais dos gañadores de cen euros, Raquel Álvarez, MªLuisa Lois, Paula Placer e Virginia Mascato recibirán un cheque en vales de compra por valor de cincocentos euros. Aínda que o gran gañador deste ano foi Jose Alfonso Riveiro que recibirá un cheque de mil euros. O sorteo rematou con moita satisfacción por parte de EMGROBES  que resaltou a boa campaña de Nadal en todos os comercios mecos.

     

    Redacción Salnés