A rotura dunha tubaxe provoca cortes no subministro de auga

    tuberia copia100.jpgCALDAS> Tanto o embalse como o caudal do Umia atópanse nuns niveis normais, polo que non se temen inundacións.

    {flowplayer}images/salnes/SITUACION_UMIA_TEMPORAL.flv{/flowplayer}

    Esta xa é a cuarta vez que os operarios municipais teñen que realizar a reparación deste tubo, encargado de conducir a auga do Umia ata o depósito da Estación de tratamento de Auga Potable para a súa depuración e subministro ós veciños.

    A avaría leva provocando cortes no subministro dende o pasado xoves. A pesares de que os traballos de reparación comezarán mañá, a dificultade da operación conleva que a obra non estea rematada ata finais desta semana, polo que continuarán os cortes de auga.

    Concello e responsables do subministro están a traballar na procura dunha alternativa que permita bombear a auga directamente dende o río. Sen embargo, ata o momento non existen solucións.

    Sobre o perigo de inundacións, pesares do aumento de caudal experimentado polo Umia debido ás fortes chuvias, dende o concello non temen que se produzan incidencias.

    Goberno local e servizos de emerxencias traballaron durante toda a fin de para evitar maiores problemas. Nestes momentos están a elaborar un informe dos danos rexistrados os días de chuvias máis intensas, pero aseguran que os problemas foron mínimos.

    Redacción Salnés