A Escola de Fútbol de Vilanova ‘carga’ contra Rodrigo Santiago

    reunionescolafutbolvilanova_100_100507__still_002.jpgVILANOVA > A corporación de Vilanova reúnese ás nove da noite nun pleno urxente sobre o campo de fútbol do Terrón.

    Un pleno ó que estaba previsto que asistise a directiva do Vilanova Fútbol Club e da escola de fútbol, que onte se reuniron cos pais dos nenos da escola e decidiron comeza-las mobilizacións para reclamar a reanudación das obras do campo.

    reunionescolafutbolvilanova_300_100507__still_001.jpgTrala xuntanza, tanto a escola de fútbol de Vilanova como o club decidiron comeza-las mobilizacións. Querían, antes de tomar esta decisión, contar co apoio maioritario dos pais dos nenos que están na escola. E o conseguiron. O apoio para comeza-las mobilizacións e tamén para presentar alegacións ó proxecto das Sinas que implica a retirada inminente do vello terreo de xogo. Non entenden que a Xunta impida a construcción do campo do Terrón e lles quite o das Sinas. E explicaron o que consideran unha burla da delegada de Política Territorial que lles mandou cambia-lo proxecto e pedir uns permisos e cando o fixeron, deixou de recibilos e nin sequera se lles pón ó teléfono.

    Os directivos da escola de fútbol sospeitan que detrás de todo esto está o actual voceiro do PSOE de Vilanova e pídenlle ‘que deixe de manipular á delegada’. As directivas da Escola de Fútbol e do club tamén decidiron acudir ó pleno de hoxe para dar a coñecer ós tres grupos políticos a súa posición sobre este tema. De seguro que tamén lle reprocharán ó líder socialista o seu papel en todo este tema.

    Redacción Salnés