O Conselleiro de Economía cesa a Carlos Silva, técnico do IGAPE

    PONTEVEDRA> O Conselleiro de Economía e Industria ven de revelar que o pasado venres destituíu a Carlos Silva, o técnico responsable do IGAPE…

    {flowplayer}images/salnes/destitucion_igape.flv{/flowplayer}

     … logo de coñecer que unha empresa da muller deste fora a destinataria dunha cuantiosa subvención. O agora despedido xa fora relegado do seu cargo de subdirector do Instituto Galego de Promoción Económica ó vencellarse o seu cargo respecto á empresa Nupel, no caso Operación Campión, que continúa aínda baixo segredo de sumario.

    Javier Guerra asegura que este cese debeuse ó resultado das pesquisas dunha investigación interna no IGAPE. Agora, segundo os resultados este expediente procederase á correspondente sanción que proceda. Con todo, o Conselleiro fai fincapé en que a muller de Silva só cobrou unha subvención durante o goberno bipartito da Xunta, a pesares de que aínda ten varias outras solicitadas. Pola súa banda, o socialista Abel Losada pediu a comparecencia do Presidente da Xunta e do propio Conselleiro de Economía para aclarar a situación do IGAPE, que entenden que está a xerar unha situación de máxima desconfianza. Desde o PPdeG responden asegurando que o seu partido está a cumprir ó dediño ás peticións da xustiza sobre o caso Campión que afecta ó IGAPE, ente dependente desta Consellería.

    Redacción Salnés