CAMBADOS> Xa coñecemos os tres mellores albariños Rías Baixas da colleita 2019. O gañador foi un viño da subzona do Ulla: Gundián, de Adegas Valdés. Completan o podio Noelia Bebelia, de Adegas San Salvador, de Soutomaior, e Pionero Maccerato, da adega de Portas Viña Almirante. Os nomes fixéronse públicos nun acto só aberto a autoridades e medios de comunicación, e que o conselleiro aproveitou para anunciar a posta en marcha dun préstamo-vendima, dotado de 60 millóns de euros.
O albariño Gundián, de Adegas Valdés, é o mellor da colleita do 2019 en Rías Baixas. Así o recoñeceu o panel de cata que se encargou de valorar os que se presentaron á cata-concurso do Albariño 2020. Completan o podio Noelia Bebelia, de Adegas San Salvador, de Soutomaior, e Pionero Maccerato, da adega de Portas Viña Almirante.
O anuncio dos tres mellores albariños Rías Baixas do 2019 celebrouse onte en Cambados, e foi completamente diferente á de anos anteriores. Foi nun acto só aberto a autoridades e prensa, pero todos destacaron a importancia de manter esta acción na programación do Albariño.
O evento deixou un importante anuncio para o sector. O conselleiro do Medio Rural explicou que a Xunta está a deseñar un préstamo dirixido ás adegas para que poidan mercar a uva aos viticultores a prezo de mercado. Unha liña que estará dotada de 60 millóns de euros.
Dende o sector recoñecen as dificultades que viviron durante a pandemia e que seguen a sufrir pola incidencia da COVID-19. Aínda así, o Consello Regulador lanzou unha mensaxe de ánimo.