María Nieto, da Illa, recolle o segundo premio do sorteo de Zona Aberta

    2premiozonaaberta_100_160107.jpgVILAGARCÍA > A veciña da Illa de Arousa deuse conta de que tiña a rifa gañadora no último momento.

    Tras entrega-lo primeiro premio do sorteo de Nadal de Zona Aberta, a asociación de comerciantes de Vilagarcía entregaba esta tarde o segundo, consistente en 2.000 euros en vales de compra.

    2premiozonaaberta_300_160107.jpgA gañadora foi unha veciña da Illa, María Nieto que fixo a súa compra na tenda Popeta. Alí recolleu esta tarde o seu premio. Tanto os donos do establecemento que deron a rifa gañadora como a premiada, María Nieto estaban hoxe moi contentos. No comercio pensaron que non ía a aparecer o gañador e foron eles os que avisaron a María por se era a agraciada. Por sorte ela gardaba as rifas, anque nunca pensou en poder gañar. Agora prepárase para facer algunhas compras e unha viaxe cos seus fillos.

    Redacción Salnés