O iogur de licor café un éxito nas redes e tamén de vendas

    VILAGARCIA> A factoría que Larsa ten en Vilagarcía retomou esta semana a produción, do que pode ser o produto galego do momento. Os iogures de licor café estanse a converter nun éxito nas redes sociais e tamén de vendas. 

     

    ¿Que ocorre cando se mestura a orixinalidade coa tradición? Pois que xorden produtos como o iogur de licor café, que a factoría que Larsa ten en Vilagarcía está a producir, e que está sendo un éxito nas redes sociais. 

    Este iogur xa se esgotou varias veces dende a súa primeira partida e esta semana están a producir unha nova remesa que permita chegar a grandes cadeas alimentarias e pequenos distribuidores.

    Despois de comprobado o seu éxito no mercado parece que este novo produto “made in Vilagarcía” veu para quedarse. 

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/10outubro/18/larsa_iogur_licor_cafe_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/10outubro/18/larsa_iogur_licor_cafe.mp4{/flowplayer}¡