VILAGARCÍA> A música clásica volverá soar en Vilagarcía coa nova tempada de concertos que organiza a sociedade filharmónica. En total serán 7 actuacións con músicos que gozan dun amplo recoñecemento a nivel mundial. Algúns deles farán a súa primeira interpretación en España.
Vilagarcía estase consolidando como un dos concellos referencia da música clásica en Galicia. O protagonismo deste xénero na localidade é grazas á labor que dende o ano 2016 realiza a sociedade filharmónica da vila. A sociedade presenta a súa cuarta tempada de concertos cun ampla variedade de artistas e instrumentos.
A tempada estará formada por 7 concertos que traerán a Vilagarcía a artistas cun amplo recoñecemento mundial.
Dende o concello quixeron mostraron o seu apoio a sociedade filharmónica pola gran labor que realizan na vila.
A sociedade conta na actualidade con 170 socios. O que permite unha asistencia media aos concertos de máis de 300 persoas. O custe da entrada é de 18 euros agás para os socios e un acompañante que é gratuíta. Dende a sociedade agardan aumentar o número de membros especialmente entre a xente moza. O rexistro pode facerse a través da web da sociedade www.sfvilagarcía.com.