![]()
POBRA> Os empresarios do Barbanza seguen a sumar apoios na súa demanda dunha reforma integral na estrada entre Catoira e Caldas.
{flowplayer}barbanza/camaracomercioestradacatoira.flv{/flowplayer}
Cada vez son máis as entidades que reivindican unha mellora urxente na estrada EP-8001 que une as localidades de Catoira e Caldas. Trala demanda conxunta das asociacións de empresarios do Barbanza, a petición da Pobra, agora é a cámara de comercio de Santiago a que vén de sumarse a esta petición.
O seu presidente, Jesús Asorey, remitiu un escrito á Consellería de Infraestruturas expresando a súa preocupación polo trazado e características desta vía. Dende a cámara de comercio enviaron unha copia desta cara á asociación de empresarios da Pobra amosando así o seu apoio a esta demanda.
Solicitude dunha entrevista
Os alcaldes que integran a mancomunidade de Arousa Norte así como os presidentes das patronais locais solicitaron tamén un encontro co Conselleiro Agustín Hernández para abordar a construción dun novo trazado. O primeiro paso sería a transferencia da estrada á Xunta xa que na actualidade é de competencia provincial.
Dende a patronal pobrense insisten en que para reformar esta estrada tan só fai falla vontade política posto que se trata dunha actuación pouco custosa nun vial tan só nove quilómetros e que non presenta problemas para a súa conversión en vía de alta capacidade posto que está en zona forestal.
Redacción Barbanza









