Declaración de impacto ambiental favorable para a área comercial

    gonzalo_duran_centro_comercial_.jpgVILANOVA> Así o anunciou esta mañá o alcalde de Vilanova. Agora só resta, explicou, que a Consellería conceda a licenza comercial.

    {flowplayer}images/salnes/INFORME_CENTRO_COMERCIAL_VILANOVA.flv{/flowplayer}

    O centro comercial de Deiro está máis preto que nunca de converterse nunha realidade en Vilanova. Esta semana o concello recibiu o resultado favorable do informe de impacto ambiental, unha das últimas trabas para comezalas obras.

    O recolle a declaración de impacto ambiental formulado pola Consellería de Medio Ambiente na que se di que o proxecto para a construción dun centro comercial de San Miguel de Deiro é viable. E así o anunciou esta mañá o alcalde de Vilanova ó tempo que, recoñeceu, que xa se superou un dos últimos obstáculos para creación da superficie.

    Agora só resta, explicou, que a Consellería de Industria lles conceda a licenza comercial. Trátase do último paso para que a promotora do proxecto comece coas obras de urbanización. Falamos dun prazo máximo duns tres ou catro meses no caso de que a administración autonómica se pronuncie favorablemente.

    E nesta comparecencia Gonzalo Durán tamén tivo palabras para o Consorcio do Comercio do Salnés. Pregúntalles que fixeron para salvalo pequeno comercio. Mentres eles, referíndose ó concello, polo que apostaron foi por reinventarse, o Consorcio o único que fixo, dixo, foi languidecer.

     Redacción Salnés