PORTO DO SON> Durante os próximos meses, o porto do Porto do Son será obxecto dunha gran transformación. Ademais dos novos pantaláns que se instalarán na dársena, xa se está a acometer unha actuación para a renovación do sistema eléctrico e alumeado. Tamén a curto prazo se habilitará o sistema de control de acceso ó porto, que levaba meses instalado pero aínda sen funcionar. A estas actuacións, hai que engadir a gran obra prevista para o porto a medio prazo. A Consellería do Mar xa procedeu á licitación dos novos pantaláns para artes menores.
Inicio BARBANZA