VILAGARCÍA> Esta proposta, que foi presentada esta tarde ós sindicatos, é a primeira en materia de persoal que se recollerá no Plan de Saneamento.
{flowplayer}images/salnes/ROLDA_FOLE.flv{/flowplayer}
A amortización de 24 prazas vacantes no concello de Vilagarcía. Esta é a proposta que esta tarde o alcalde, Tomás Fole, lle presentou ós sindicatos dentro do Plan de Saneamento deseñado polo goberno local como medida de aforro. De saír adiante esta iniciativa, Ravella aforraría máis de seiscentos mil euros no capítulo de persoal sen producirse ningún despido.
Esta proposta de amortización de 24 prazas vacantes quere dicir que aqueles postos de traballo pendentes de ser cubertos ou que van quedar baleiros por mor de xubilacións ou excedencias non serían cubertos. Dezasete deses postos serían referentes ó 2011 e outros sete de xubilacións previstas para 2012.
Con esta medida, que foi presentada esta tarde ós sindicatos, o goberno local pretende aforrar seiscentos dezaseis mil euros no capítulo de persoal e evitar ter que botar man da vía do despido.
Con todo, Fole agarda que esta iniciativa sexa aceptada tanto polos sindicatos coma polos grupos da oposición xa que, dixo, é a maneira máis sensata de reducilos gastos neste capítulo dos orzamentos. Ademais, sentenciou, esta situación é consecuencia do que fixo o anterior goberno.
Esta proposta será presentada mañá ós grupos da oposición na Xunta de Voceiros. Segundo Fole, o obxectivo é levala ó último pleno de decembro.
Redacción Salnés