Os ‘coidados porta a porta’ chegan a Noia

NOIA> A Unidade de Coidados Porta a Porta recalou esta semana en Noia. Alí, os usuarios puideron acceder de xeito gratuíto a servizos de podoloxía, audioloxía e estimulación da memoria.

Dende a súa posta en marcha no mes de marzo, o servizo de coidados porta a porta leva beneficiados a 17 mil persoas maiores de 55 anos que poden acceder sen custe algún a unha primeira consulta de podoloxía, audioloxía e estimulación da memoria. Durante esta xornada, a unidade móbil permaneceu na alameda de Noia ata onde se desprazou o director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria para coñecer de primeira man o servizo.

Tras supervisar as instalacións e conversar co persoal médico e os usuarios, tiveron ocasión de constatar que se trata dun servizo moi be valorado e tamén necesario posto que achega a atención sanitaria ás proximidades dos fogares dos maiores evitando desprazamentos.

Aínda que é a primeira vez que o servizo se achega a Noia están previstas dúas novas visitas ó municipio no marco da campaña que se desenvolverá ata outubro do próximo ano. Os interesados deben solicitar cita previa.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí