Gómez Borrero, obsequiada coa insignia de prata de Exxpopress

    BOIRO> Catro afamados xornalistas serán, a partir de hoxe, embaixadores da comarca do Barbanza en cuestións turísticas.

    Luís del Olmo, Paloma Gómez Borrero, Alfredo Amestoy e Maricarmen Izquierdo. Estes catro prestixiosos xornalistas, da radio e da televisión en España, están na comarca do Barbanza convidados polo club de prensa Exxpopress e pola Mancomunidade de Arousa Norte. Preténdese que a súa imaxe sirva como reclamo turístico, ó utilizar imaxes deste selecto grupo nos lugares de interese turístico da comarca. O vídeo promocional darase a coñecer no mes de novembro, coincidindo coa gala da asociación de xornalistas Exxpopress. O presidente anunciou, no acto desta mañá, o nome dos que serán galardoados cos premios que reparte a entidade nesa mesma cita. Todos os premiados confirmaron a asistencia a esta prestixiosa gala. No encontro outorgóuselle a insignia de prata do Club Exxpopress a Paloma Gómez Borrero, pola súa traxectoria profesional na que destaca a súa labor como correspondente de Televisión Española no Vaticano.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/08agosto/18/asociacionxornalistasexxpopress1808141.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/08agosto/18/asociacionxornalistasexxpopress180814.mp4{/flowplayer}