BARBANZA> Acompañado do vicepresidente, Xosé Regueira, e o deputado responsable de Facenda, José Ramón Rioboo, o presidente do organismo provincial, Valentín González Formoso, comparecía en rolda de prensa para debullar o documento orzamentario para o vindeiro ano que ascende no seu total a 256´5 millóns de euros, o máis alto da súa historia, cun incremento do 6,67%con respecto ó do exercicio anterior.
Na súa intervención González Formoso, destacou a aposta da entidade en apoiar a tódolos concellos da provincia. Un aspecto este que tamén referendou o Vicepresidente, Xosé Regueira.
Outra das bandeiras destes orzamentos volverán a ser as políticas que teñen que ver coa protección social, sen esquecer tampouco o apoio ó emprego.
O titular da Deputación destacou tamén a boa xestión económica do actual goberno provincial, que tras dez anos, mantén débeda cero.
Unha das novidades contempladas no documento orzamentario para o vindeiro ano será a apertura de dúas sedes da institución provincial en Santiago e Ferrol, co fin de descentralizar a entidade, ou a posta en marcha do proxecto de novas residencias, coa construción das casas do maior de Ordes, As Pontes e Rianxo.











