A Audiencia confirma que os montes Vicaño e Baltar son do Concello

    montesvicanoebaltar100_130707.jpgSANXENXO > O Concello xa dispón dunha resolución xudicial firme acerca dos montes catalogados como Vicaño e Baltar, …

    … en Portonovo.

    A Audiencia Provincial de Pontevedra desestimou o último recurso presentado pola familia Salgado Pérez e confirma así que a propiedade dos terreos corresponde á Administración Local. Nestes montes téñense construído diversos equipamentos públicos como o Centro de Saúde, o pavillón de deportes, a piscina ou o centro de día, entre outros. A alcaldesa Catalina González mostrou a súa satisfacción ‘pola culminación favorable ó Concello e polo tanto, beneficiosa para os veciños, desta tramitación administrativa e xudicial tan longa e complexa’.

    E é que hai que remontarse a principios da década dos 60 cando a familia Salgado Pérez iniciou o pleito para reclamar a pertenza dos montes catalogados como Vicaño e Baltar. Unha década máis tarde a sentenza foi favorable ó Concello pero máis de 30 anos despois, e aprobado definitivamente o PXOM, os herdeiros de Juan Salgado Pérez volveron reclamar a posesión dos terreos, onde a principios de 1950 o Instituto Social da Mariña construíra vivendas protexidas para mariñeiros con poucos recursos.

    Redacción Salnés