O pintor Manuel Pesqueira Salgado é homenaxeado en Paradela

    homenaxe_pesqueira100.jpgMEIS> O centro cultural da parroquia de Santa María de Paradela xa leva o nome dun dos seus fillos máis ilustres, o pintor Manuel Pesqueira Salgado.

    {flowplayer}images/salnes/homenaxe_paradela.flv{/flowplayer}

    MEIS> O centro cultural da parroquia de Santa María de Paradela, en Meis, xa leva o nome dun dos seus fillos máis ilustres, o pintor Manuel Pesqueira Salgado, nacido en Lantañón a principios do século 20.

    A placa foi descuberta onte polos seus herdeiros no día que se conmemoraba o 102 aniversario do seu natalicio. Un acto no que participaron fillos e netos do artista, o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, o deputado provincial Jorge Domínguez e o alcalde de Meis, José Luis Pérez Estévez.

    Tralos discursos estreouse un audiovisual sobre a vida e obra de Manuel Pesqueira e houbo unha conferencia a cargo da licenciada en Historia da Arte Paula Tilve, do departamento didáctico do Museo de Pontevedra. A encargada de pórlle música a este aniversario foi a Banda de Música de Paradela.

    Redacción Salnés