Delfín Fernández: ‘A seguridade cidadá de Vilanova é envexable’

    seguridade_vilanova100.jpgVILANOVA> Os delitos de tráfico son os únicos que empañan, dalgún xeito, os datos de criminalidade en Vilanova de Arousa.

    {flowplayer}images/salnes/seguridade_vilanova27M.flv{/flowplayer}

    VILANOVA> Os delitos de tráfico son os únicos que empañan, dalgún xeito, os datos de criminalidade en Vilanova de Arousa.

    Segundo se constatou na Xunta Local de Seguridade, o pasado ano contabilizáronse 46 delitos. Destes 25 foron por superar a taxa de alcolemia, 11 por circular sen carné, 6 por ter tódolos puntos detraídos, 3 por retirada de carné e 1 por condución temeraria.

    Pero, quitando este tipo de delitos, a taxa de criminalidade en Vilanova foi do 16,61 por cada mil habitantes en 2009, moi por baixo das taxas provincial e nacional. Dentro destes, os que máis causan alarma son os roubos con forza en vivendas, que en Vilanova tivo unha taxa de só un 4,67 por cada 10.000 vivendas; e en canto a roubos con violencia e intimidación, foi de tan só 1,87 por cada 10.000.

    Na xunta ordinaria celebrada onte tamén se falou de violencia de xénero. Na actualidade en Vilanova hai 16 casos activos, de vítimas con orde de protección, a maioría de risco baixo ou non apreciado, e só un de risco medio.

    Ademais, fixéronse previsións para celebracións do verán, como San Xoán. O Concello indicou que manterá a prohibición de facer fogueiras no Terrón e que se montará o mesmo dispositivo de vixilancia que o ano pasado.

    Redacción Salnés