Ex empregados de Clesa péchanse na cafetería para esixir solucións

    fotopechecopia.jpgCALDAS> A reunión coa administración concursal, a Consellería e Feiraco, prevista para mañá en Madrid terá que aprazarse por problemas de axenda dos administradores.

    {flowplayer}images/salnes/PecheClesa.flv{/flowplayer}

    ¿Cando e como pensan resolver a situación? Se pretenden vender a fábrica ou se valoran a oferta presentada por Feiraco, unha poxa de 10 millóns de euros que é, que se saiba, a única oferta en firme presentada. Todas estas dúbidas terán que agardar, posto que reunión a tres bandas prevista para mañá en Madrid finalmente non se celebrará. Parte da que fora a plantilla de Clesa permanece dende esta mañá encerrada na cafetería da factoría a espera de ter máis noticias.

    Un novo paso da administración concursal que retrasa o proceso e acrecenta as críticas do comité de empresa. Polo de agora estes traballadores non abandonarán o seu encerro a espera de falar tamén coa administración e decidir o seguinte paso a dar.

    Hoxe contaron tamén co apoio da comisión de seguimento do Concello. O alcalde Manuel Rey tivo que retrasar a súa chegada por cuestións persoais pero tamén se uniu á protesta.

    Igual que o fixo Fernando Pérez. Pérez fixo referencia tamén as medidas de apoio que probablemente se tomen dende o concello. A proposta de Independentes é a redacción dun manifesto en apoio ós traballadores pechados na cafetería que puideran asinar tódolos veciños. Falou tamén da posibilidade dun peche rotativo no salón de plenos no que sempre houbera un representante electo da corporación e que se prolongaría durante o tempo que os traballadores permanecesen na cafetería.

    Redacción Salnés