Ravella planea controlar horas extra e sindicais e revisar gratificacións

    r p t copia.jpg VILAGARCÍA> Estas propostas súmanse á de amortizar os 24 postos vacantes para aforrar no capítulo de persoal.

    {flowplayer}images/salnes/REORGANIZACION_PLANTILLA_VILAGARCIA.flv{/flowplayer}

    O equipo de goberno de Vilagarcía segue convencido de que cunha reestruturación da plantilla que actualmente traballa para o concello se podería facer moito máis, de xeito máis eficiente e pagando moito menos. O seu plan de axuste comezaría por realizar unha auditoría na que avaliar os recursos humanos cos que conta Ravella e o seu funcionamento. Este sería o paso previo para a RPT, a Relación de Postos de Traballo na que se abordaría a reorganizacións dos departamentos en función do seu nivel de traballo e necesidades de persoal. Pero tamén se tocarán as quendas de traballo. Búscase reducir ó mínimo as horas extra. Unha das propostas: organizar brigadas.

    Tamén se revisarán as gratificacións extraordinarias e os beneficios sociais recibidos por algúns traballadores ou mesmo as compensacións por uso de vehículos propios. Estudaranse de xeito conxunto, ou caso por caso, se é preciso. Pero o papel controlador de Ravella irá máis aló: pretenden que os representantes dos traballadores xustifiquen as horas sindicais para poder organizar de xeito máis eficiente os cadros de traballo e evitar discriminacións.

    O alcalde vilagarciá Tomás Fole asegura que son medidas que se tiñan que ter tomado antes e que non agochan ningún ERE encuberto. Ó contrario. Segundo Fole, están actuacndo coa máxima transparencia, e os resultados só poderán verse a longo prazo.

    O goberno local prevé tamén optimizar os servizos que prestan o profesorado do Conservatorio, a Escola de Música e a Banda Municipal, así como os técnicos da fundación de deportes ou os traballadores das instalacións culturais. Di Fole que as medidas serán máis efectivas canto máis apoio teñan. Haberá que agardar a ver a acollida que teñen entre os representantes sindicais.

    Redacción Salnés