O tempo xoga na contra de Alfageme

    foto_alfageme_100.jpgSALNÉS> As traballadoras e traballadores do grupo conserveiro Alfageme volveron a saír á rúa por enésima vez, para reclamar que a Xunta de Galicia

     {flowplayer}images/salnes/15012010_alfageme.flv{/flowplayer}

     …presione a Caixanova e á directiva da empresa para que cheguen a unha acordo que reactive a empresa e evite así que se perdan 400 postos de emprego nas Rías Baixas. A última novidade é que a plantilla de Marsac do Grove e factoría de Conservas Peña de Vilaxoán decidiron unirse ó paro indefinido co que xa levan dous días as súas compañeiras de Ribadumia e Vigo.

    Cada día que pasa xoga en contra dos empregados desta empresa que reclaman ata a saciedade que os axuden a manter a flote esta conserveira; que eles entenden como solvente e cunha cumprida carteira de clientes.

    Por se fora pouco, o colectivos dos traballadores denuncia que está a recibir represalias e ameazas por parte da Familia Lago, propietaria da empresa; o que para a CIG é boa sinal posto que significa que a directiva se está vendo afectada polas medidas de presión.

    O vindeiro luns pola mañá estes traballadores desprazaranse a Vigo para manter unha nova xuntanza entre eles e os seus representantes sindicais. Alí acordaran as novas mobilizacións que levarán a cabo.

    Redacción Salnés