Noia acollerá este verán un ambicioso campus do emprendemento e do saber

NOIA> Noia acollerá ó longo deste verán un campus do emprendemento organizado polo concello e a fundación para o desenvolvemento humano e social de Galicia. Inclúe sete cursos de temática variada dende o deporte e a Saúde mental ata os 40 anos de autonomía de Galicia.

O campus do emprendemento e do saber de Noia achegará ata a vila destacados expertos que impartirán un total de 8 cursos entre os meses de xuño e setembro.  A fundación para o desenvolvemento humano e social de Galicia  (FUNDEHSGA) e o concello de Noia organizan este evento en colaboración coas tres universidades galegas e a Xunta de Galicia.

Dende a neurociencia ou a ciberseguridade ata o marisqueo ou a ruta portus apostoli, abordaranse  temas moi variados para dar cobertura ós preto de mil participantes que, agardan, participen na iniciativa.

Os cursos terán lugar en distintas instalacións do concello de Noia como o Casino, o coliseo Noela ou a confraría de pescadores.
Os interesados poden inscribirse na web da fundación  www.fundehsga.com ou na casa da cultura de Noia. O primeiro dos cursos que abordará o deporte e a saúde mental dará comezo xa o 28 de xuño.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí