Boiro deseña unha ampla e variada programación de Nadal

BOIRO> Esta mañá presentábase a programación deseñada pola concellería de Cultura para este Nadal. A maioría das actividades, como é costume nestas datas, van dirixidas ó público infantil. Aínda así estarán moi condicionadas pola evolución da situación epidemeolóxica.

A  concellería de Cultura de Boiro deseñou unha ampla e variada programación para este Nadal. As actividades nas que se incluirán sesións de maxia, actuacións musicais, circo de rúa ou sesión de contacontos irán enfocadas principalmente ó público infantil e centraranse na Carpa dos Soños instalada na Praza de Galicia.

Coma novidade da programación destaca un ‘Escape Room’ en colaboración co colectivo Olláparo que se desenvolverá polos comercios do municipio.

Pero ademais dos espectáculos para os mais cativos, a programación inclúe tamén actuacións musicais, como unha aposta máis pola cultura local.

Dende o Concello fixeron ademais unha chamada á responsabilidade da veciñanza, para que a xeito individual cumpra coas medidas de seguridade impostas. A celebración das actividades estará tamén moi condicionada pola evolución da situación epidemeolóxica.

Para consultar a programación ou reservar nalgunha das actividades as persoas interesadas poden dirixirse ó departamento de Cultura ou a través da páxina web municipal: www.boiro.gal, ou tamén nas redes sociais do Concello.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí