BOIRO> A competición, á que asistirán os mellores deportistas desta especialidade de todo o mundo, terá lugar esta fin de semana en Reino Unido. A pesar de que leva poucos anos practicando esta modalidade deportiva consistente nunha carreira de longa distancia, ó tempo que se van superando distinto tipo de obstáculos de moi diversa índole con exercicios de suspensión, coordinación, equilibrio ou forza, logrou clasificarse como representante español para competir no Campionato do Mundo da especialidade que se celebrará esta fin de semana en Londres. Nolo Romero competirá na distancia longa de quince quilómetros e cen obstáculos na categoría de 35 a 39 anos. Coma rivais terá os mellores deportistas a nivel mundial, poñéndose como meta poder acabar entre os dez primeiros da súa categoría. Nos últimos anos este tipo de competicións están a ter un maior número de seguidores. Un dos retos deste boirense pasa tamén por poder conseguir organizar unha proba a nivel autonómico ou nacional na comarca. Os apoios neste deporte, aínda que esteas na elite, ó contrario doutras especialidades máis maioritarias coma o fútbol ou o baloncesto, son escasos, apenas para o patrocinio da roupa que se emprega nas competicións, polo que os custes desta viaxe deberá sufragalos do seu propio peto. Asi que desexámoslle moita sorte…
Inicio BARBANZA