![]()
RIBEIRA> A delegada territorial da Xunta, Belén do Campo, presidiu esta tarde a entrega de diplomas ós 35 participantes do obradoiro.
{flowplayer}barbanza/clausuraobradoiroairoas.flv{/flowplayer}
Antes de proceder ó acto de entrega dos diplomas ós 35 participantes no obradoiro de emprego ‘Airoas’, a delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, e o director xeral de Promoción do Emprego, Andrés Hermida, acompañados polo alcalde, Manuel Ruiz, puideron comprobar de primeira man algunha das obras realizadas no ó longo deste último ano que durou a experiencia formativa na que se incluiron tres especialidades: xardinería, carpintería e pavimentador con lastros.
Parque periurbano
Boa parte das actuacións efectuadas desenvolvéronse no entorno do parque periurbano de San Roque, así desenvolvéronse traballos de pavimentación e axardinamento neste espazo, mantemento e mellora doutros xardíns municipais e a creación de equipamentos en madeira para o resto de zonas públicas. Na súa intervención, a delegada territorial destacou a importancia deste tipo de iniciativas promovidas pola consellería de Traballo que ten por obxectivo garantir a inserción no mercado laboral a través da formación.
Nova solicitude
Pola súa banda o alcalde, na súa intervención aludiu á intención que ten o concello de volver a solicitar un novo obradoiro de emprego para o ano que vén, esta vez para menores de 25 anos.
Neste sentido, tanto a delegada da Xunta coma o director xeral de Promoción do Emprego, anunciaron que de cara ó ano 2012 reforzarase a aposta por este tipo de iniciativas formativas, prevéndose investir máis de 20 millóns de euros nestas accións.
Redacción Barbanza







