A tradición de San Marcos atrae centos de visitantes a Noia

    NOIA> A feira cabalar centrou os festexos de San Marcos en Noia. A cita festiva congregou na vila a centos de visitantes atraídos non só polo tradicional concurso equino senón polo amplo programa de actividades desenvolvidas durante toda a fin de semana. Un ano máis a chuvia fixo acto de presenza en San Marcos. E unha vez máis o mal tempo non foi escusa para que centos de persoas se deran cita na tradicional feira cabalar que se celebra no recinto de San Lázaro. A Asociación Pura Raza Galega volveu organizar un dos eventos centrais das festas no que, ademais dos preto de setenta cabalos a concurso, participaron moitos máis exemplares nos espectáculos de doma. Como complemento, non faltou tampouco a xa tradicional feira de maquinaria agrícola á que acudiron profesionais de toda a comarca. Á marxe da feira cabalar, o San Marcos congregou en Noia a un gran número de visitantes atraídos por unha das primeiras citas festivas da primavera. Os xigantes e cabezudos desafiaron o mal tempo e percorreron as principais rúas do casco histórico, recuperando unha tradición histórica na vila. A música foi outra das grandes protagonista cunha variadísima oferta musical dende bandas actuais como La Bienquerida ou La Habitación Roja ata expoñentes de décadas pasadas como Georgie Dann ou Los Brincos. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/04abril/27/feirasanmarcosnoia2504141.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/04abril/27/feirasanmarcosnoia250414.mp4{/flowplayer}