Noia Histórica celebra mañá o ‘Sábado negro’ con descontos de un 20%

NOIA> Noia Histórica organiza mañá unha nova edición, e xa van doce, do ‘Sábado Negro’.

Na proposta comercial, xa un habitual da programación da patronal noiesa por estas datas, participarán máis de trinta establecementos que aglutinan a distintos sectores. Os negocios ofrecerán tódolos seus produtos cun 20% de descontos.

Unha das principais novidades deste ano será o reparto de tickets entre os clientes que poderán acceder posteriormente a unha chocolatada.

Coa proposta volve a colaborar o Concello, de onde animan á veciñanza, non só do municipio, senón tamén de fóra, a achegarse mañá á vila para facer as súas compras.

O horario de apertura das tendas ese día será ata as nove e media da noite.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí